|
|
 |
|
 |
 |
|
Presentación |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
> Presentación |
 |
|
O Porto de Vilagarcía é un dos grandes motores económicos das bisbarras de Arousa e O Salnés, en tanto que centro de recepción e distribución de mercadorías dun amplo hinterland.
O recinto portuario ocupa unha superficie total aproximada de 450.000
metros cadrados, dos que un 55% están outorgados en concesións.
A liña de atraque atinxe os 1.922 metros, dos que 697 metros teñen
un calado de 11 metros (en baixamar viva equinoccial) e 7,5 metros
aproximadamente o dos muelles.
O Porto de Vilagarcía está a apostar por unha medra razoable e sostida, perfectamente compatible cos demais sectores produtivos deste rico enclave que é a Ría de Arousa.
O coidado e a preservación do ambiente constitúen un compromiso permanente e unha preocupación irrenunciable en tódalas nosas actuacións. |
 |
 |
 |
 |
|