facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 19-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AddThis Social Bookmark Button

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía ten coma un obxectivo irrenunciable a plena satisfacción dos seus clientes, para o que a prestación de servizos eficientes e de calidade é un requisito imprescindible. Os compromisos adquiridos polo Porto ante os seus usuarios recóllense na súa Política de Calidade e Medio Ambiente, que se pode consultar no seguinte enlace:

 

Os esforzos realizados para alcanzar este fin deron froitos como a obtención das certificacións UNE-EN-ISO 14001:2004, de xestión ambiental, e UNE-EN-ISO 9001:2008, de xestión de calidade; a Autoridade Portuaria dispón tamén do certificado OHSAS 18001:2007, que avala o seu de xestión da saúde e seguridade laboral.

 

4 logos calidad 2018

 

Outro exemplo da implicación do porto de Vilagarcía nesta materia é a súa integración na rede EcoPorts, unha asociación voluntaria de portos europeos que comparten unha preocupación común pola sustentabilidade e o respecto medioambiental. EcoPorts é unha organización de portos verdes cuxo obxectivo é facilitar o intercambio de experiencias e coñecementos entre os seus membros, a fin de contribuír á mellora da eficiencia medio ambiental do conxunto do sector portuario europeo. Para máis información acerca desta iniciativa visite a web www.ecoports.com

 logo ecoports

 

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.