Dende hai máis de 125 anos, o Porto de Vilagarcía é unha referencia na actividade comercial e industrial da Ría de Arousa e de Galicia. A súa excelente localización, características naturais e comunicacións fan do Porto de Vilagarcía un enclave idóneo para servir como base para a distribución de mercancías dun amplo hinterland, que inclúe unha extensa zona do interior de Galicia e o noroeste peninsular, ademais das comarcas de O Salnés e O Barbanza. A través do esforzo de toda a comunidade portuaria, o Porto sacou o máximo partido das súas fortalezas, perfeccionándoas mediante a creación e posta a disposición dos seus clientes e usuarios das infraestruturas que demandan para as súas actividades. Co desenvolvemento dos seus equipamentos practicamente finalizado, a maior aposta é nestes momentos pola incorporación de valor engadido, en aspectos como a optimización das nosas infraestruturas ou a excelencia no servizo. Igualmente, o Porto está centrado na captación de novos tráficos e a xestión comercial, claves para reforzar a posición de Vilagarcía no sistema portuario galego e nacional.
|
|
|