facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 23-Setembro-2017
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AddThis Social Bookmark Button

O Porto de Vilagarcía goza dunha privilexiada localización ao Noroeste da Península Ibérica, no centro xeográfico do Eixo Atlántico Galego.

O Porto de Vilagarcía, situado nas resgardadas augas da Ría de Arousa, dispón dunhas excelentes comunicacións, que garanten un transporte rápido e seguro de calquera mercancía ata o seu lugar de destino.

 

 

Situación Canle de entrada Boca de entrada
Latitude: 42º 36´ N
Lonxitude: 8º 46´ W
Orientación: SW
Anchura: 1.500 m
Calado en B.M.V.E.: 20 m
Natureza do fondo: Fango
Lonxitude: 20.000 m
Orientación: S
Anchura: 3.000 m
Calado en B.M.V.E.: 50 m
Máxima corrente rexistrada: 1 nó


Ampliar mapa

 

 

por carretera O Porto dispón dun enlace directo coa AP9 -Autoestrada do Atlántico -que vertebra Galicia de norte a sur-. A través da AP9 é posible acceder á Autovía das Rías Baixas, o que facilita o transporte de mercancías ao interior da península. O enlace coa autoestrada conta ademais con accesos cara á Vía de Alta Capacidade do Salnés e a variante norte de Vilagarcía, mentres que a súa conexión coa futura Autovía a Pontevedra está prevista no proxecto.

 

 

por ferrocarril O recinto portuario dispón dunha conexión ferroviaria propia, que enlaza coa rede nacional de transporte combinado de ADIF. O Porto vén de estender esta rede grazas ás obras de prolongación do ferrocarril ao peirao de Ferrazo (fase 1), co que o servizo pode ser utilizado dende os seus principais peiraos.

 

 

por avion Igualmente, a proximidade do Porto de Vilagarcía aos aeroportos de Santiago e Vigo favorece o traslado de calquera mercancía por todo o mundo, ata os lugares máis afastados.

 Localización e accesos