facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 23-Setembro-2017
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AddThis Social Bookmark Button

CruceroO Porto de Vilagarcía é un excelente punto de partida para descubrir os atractivos das Rías Baixas e de Santiago de Compostela. A chegada por mar a Vilagarcía é un fermoso espectáculo, que permite admirar as paisaxes das comarcas do Salnés e O Barbanza; ademais, as excelentes condicións de navegación da Ría aseguran unha travesía pracenteira.

Pero a ría de Arousa é, ademais, unha fonte de emprego e riqueza para os veciños de moitas poboacións das súas dúas marxes, que atopan na explotación dos seus recursos -a través da pesca, o marisqueo ou a acuicultura- a súa principal fonte de ingresos. As bateas, utilizadas para o cultivo do mexillón, son un dos elementos máis característicos da paisaxe desta ría.

Ao crucerista, unha vez en terra, non lle faltarán alternativas para gozar da súa estancia. En Vilagarcía ou na súa contorna inmediata concéntrase unha oferta de actividades de lecer e tempo libre extensa e variada: visitas a adegas, compras, deportes como o golf ou o mergullo, rutas de sendeirismo, monumentos, espazos naturais, praias, pazos, gastronomía ...

panel-miamiAqueles que opten por coñecer a cidade dispoñen dun servizo lanzadeira gratuíto que conecta o peirao de atracada co centro urbano; o taxi é outra opción para un desprazamento rápido ao centro da cidade. Ademais, a pé de peirao ofrécese información turística e comercial sobre Vilagarcía. Porto, Concello e as asociacións locais de hostaleiros (AHITUVI) e comerciantes (Zona Aberta) colaboran na implementación destas e outras medidas dirixidas ao crucerista que decide quedar en Vilagarcía.

Outra opción é tomar parte nalgunhas das excursións ofertadas no paquete vacacional. Santiago de Compostela é sen dúbida, o destino máis demandado, e pasear pola súa zona vella e visitar a súa catedral son dúas das actividades preferidas polos cruceristas que visitan Vilagarcía. O Porto arousán é o máis próximo á capital galega e historicamente as cidades estiveron sempre moi relacionadas.

Pero tamén a comarca do Salnés ten moito que ofrecer, tanto desde o punto de vista paisaxístico como arquitectónico, cultural ou gastronómico, e en cada unha das súas poboacións o visitante descubrirá sen dúbida recunchos inesquecibles.

Información adicional:

www.vilagarcia.es/turismo
www.osalnes.com
www.riasbaixas.depo.es
www.turgalicia.es

 

Dereitos dos pasaxeiros que viaxan por mar e vias navegables (Regulamento 1177/2010 do Parlamento Europeo)

 Devolución do IVE en réxime de viaxeiros