facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 23-Setembro-2017
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AddThis Social Bookmark Button

A historia do porto e a cidade de Vilagarcía transcorren en paralelo dende hai máis dun século. Pola súa situación xeográfica e configuración, o Porto é un referente para todos os vilagarciáns, non só como xerador de actividade comercial e industrial, senón tamén como dinamizador da vida cidadá e espazo de lecer e tempo libre para veciños e visitantes, posto que amplas zonas da fachada marítima vilagarciá corresponden a áreas de dominio público portuario.

A evolución nas necesidades do transporte marítimo provocou que, paulatinamente, espazos que noutras épocas se utilizaron para a actividade portuaria formen agora parte das zonas de uso público de Vilagarcía. É o caso do peirao de pasaxeiros, o parque do Centenario, o porto deportivo e a súa zona lúdica anexa ou o parque de Miguel Hernández.

aereaO porto de Vilagarcía pretende seguir abrindo á cidadanía aqueles espazos non aptos para actividades portuarias, e completar a separación entre o Porto cidadán (o máis próximo ao centro urbano) e o porto comercial e industrial (do que forman parte os peiraos con maiores calados e liña de atracada, situados cara ao sur). O próximo obxectivo neste propósito é a liberación do peirao do Ramal, que se acometerá cando se complete a ampliación do trazado ferroviario aos citados peiraos. A intención da Autoridade Portuaria é habilitar no Ramal unha terminal de pasaxeiros, contemplándose como outros posibles usos os culturais, sociais, lúdicos, comerciais ou deportivos.