facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 19-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O director xeral da Mariña Mercante visitou a Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Venres, 09 Marzo 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button

visitaMarinaMercante2012Rafael Rodríguez Valero, director xeral da Mariña Mercante, visitou o día 9 de marzo a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, onde mantivo unha reunión coa presidenta desta entidade, Sagrario Franco Malvar. O encontro foi a primeira toma de contacto entre o responsable da Mariña Mercante, que accedeu ao seu cargo o pasado mes de xaneiro, e a presidenta do porto arousán, e serviu para que o director xeral expuxese as liñas fundamentais do seu labor á fronte do citado organismo -dependente, do mesmo xeito que os portos de Interese Xeral do Estado, do Ministerio de Fomento-.



A dirección xeral da Mariña Mercante ten competencias en ámbitos como a seguridade marítima e contaminación, normativa marítima e cooperación internacional, capitanías marítimas, náutica de recreo ou inspeccións marítimas, polo que a coordinación e colaboración entre esta entidade e os Portos de Interese Xeral é clave para que as dúas partes poidan desenvolver as súas competencias coa maior eficiencia.

Ler máis...
 
Remeiros de toda a provincia tomarán parte na sexta bandeira de bateis 'Porto de Vilagarcía'
Xoves, 08 Marzo 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button

Preto de setecentos remeiros de toda a provincia participarán este fin de semana na sexta bandeira de bateis "Porto de Vilagarcía", organizada polo Club de Remo Vilaxoán coa colaboración da Autoridade Portuaria. A competición presentouse esta mañá, nun acto celebrado na sede da Autoridade Portuaria, e no que participaron a presidenta desta entidade, Sagrario Franco, e o presidente do Club de Remo Vilaxoán, Feliciano Suárez.

Ler máis...
 
A Autoridade Portuaria aproba cambios na composición do Consello de Navegación e Porto
Venres, 24 Febreiro 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou na súa sesión do 23 de febreiro, a proposta da súa presidenta, Sagrario Franco Malvar, a modificación das normas de funcionamento e composición do Consello de Navegación e Porto e do Comité de Servizos Portuarios, a fin de dotar a estes órganos de asistencia e información da Capitanía Marítima e da presidencia da Autoridade Portuaria de maior operatividade e representatividade.

O Consello de Navegación e Porto é un órgano no que están representadas persoas físicas ou xurídicas cun interese directo e relevante no bo funcionamento do porto e do comercio marítimo, ou que poidan contribuír ao mesmo de forma eficaz. A través desta canle, empresas, institucións ou organismos poden manifestar o seu parecer sobre cuestións relativas ao bo funcionamento do Porto de Vilagarcía de Arousa. A periodicidade das súas reunións establécese en polo menos unha ao ano.
Ler máis...
 


Páxina 72 de 75

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.