facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 18-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Ol presidente da Mancomunidade de O Salnés visitou a Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Luns, 30 Xaneiro 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button

visitaMancomunidad2012O presidente da Mancomunidade O Salnés e alcalde de Vilanova, Gonzalo Duran Hermida, visitou na mañá de 30 de xaneiro a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, onde realizou unha entrevista coa presidenta desta entidade, Sagrario Franco Malvar. A reunión marcou o primeiro contacto entre os responsables das dúas institucións que "teñen que ir da man e aproveitar sinerxías" para o desenvolvemento do potencial económico e turístico da rexión, segundo dixo a presidenta do porto.



Gonzalo Durán Hermida sinalou que Vilagarcía é o poto “comercial e industrial da comarca” e apuntou a necesidade de profundizar nas relaciones entre ambos organismos para que o porto sexa “o trampolín para a exportación dos nosos produtos”. Pola súa parte Sagrario Franco resaltou as posibilidades que as pequenas e medianas empresas da zona teñen de abrirse a novos mercados a través do Porto de Vilagarcía, que por infraestructuras, ubicación e comunicacións está nunha situación óptima para dar servicio a un amplio hinterland.

Ler máis...
 
Intensa actividade portuaria, coa descarga simultánea de dous buques con 54.000 toneladas de cereal
Venres, 02 Decembro 2011 00:00
AddThis Social Bookmark Button

O Porto de Vilagarcía vive hoxe unha xornada de intensa actividade no que a movemento de graneis sólidos se refire, coa descarga simultánea de dous buques con case 54.000 toneladas de cereal. Ao "Houma Belle", que desde o mércores atópase descargando case 36.000 toneladas de millo no peirao de Comboa, súmase desde esta mañá o "Power Ranger", que simultaneamente está descargando outras 18.000 toneladas de trigo no peirao Comercial Oeste.

Ler máis...
 
O buque "Houma Belle" realiza unha histórica descarga de 36.000 toneladas de millo en Vilagarcía
Mércores, 30 Novembro 2011 00:00
AddThis Social Bookmark Button

O buque "Houma Belle", procedente de Rusia e con bandeira de Filipinas, está realizando unha das maiores descargas de mercancías do porto de Vilagarcía. A previsión é que o buque deixe no peirao arousán case 36.000 toneladas de millo. A operación, que se desenvolve no peirao de Comboa, comezou esta mañá e prolongarase durante varios días. A empresa consignataria desta histórica descarga é P&J Carrasco.

 


Páxina 75 de 76

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.