facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Domingo, 17-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O buque "Houma Belle" realiza unha histórica descarga de 36.000 toneladas de millo en Vilagarcía
Mércores, 30 Novembro 2011 00:00
AddThis Social Bookmark Button

O buque "Houma Belle", procedente de Rusia e con bandeira de Filipinas, está realizando unha das maiores descargas de mercancías do porto de Vilagarcía. A previsión é que o buque deixe no peirao arousán case 36.000 toneladas de millo. A operación, que se desenvolve no peirao de Comboa, comezou esta mañá e prolongarase durante varios días. A empresa consignataria desta histórica descarga é P&J Carrasco.



A presenza do "Houma Belle" no porto coincide coa doutros dous buques: o "Encofrador", que está realizando unha descarga de 6.000 toneladas de cemento no peirao Comercial Oeste, e o "Arklow Sand", no cal estanse embarcando 2.800 toneladas de taboleiro, e que permanece atracado no Comercial Leste. A consignataria destes dous buques é a firma García Reboredo Hermanos.

A descarga das case 36.000 toneladas de cereal do "Houma Belle" supón un importante impulso ao tráfico de graneis sólidos no porto de Vilagarcía, e vén sumarse aos bos datos rexistrados nas categorías de mercancía xeral e graneis líquidos, que ao longo de ano experimentaron unha evolución positiva. En conxunto, e ata o 30 de outubro, o tráfico de mercancías rexistrara unha subida porcentual do 7% no porto de Vilagarcía, con respecto ao mesmo período do pasado ano.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.