A Autoridade Portuaria puxo en marcha recientemente a súa páxina de facebook e a súa conta de twitter, a través das cales informará das noticias do porto, os seus proxectos e as súas actuacións, así como doutros asuntos de actualidade de interese para o sector portuario.
Deste xeito, a Autoridade Portuaria amplía as plataformas que utiliza para a comunicación coa cidadanía de Vilagarcía e a comarca, e coas empresas e actores económicos da nosa contorna, así como con profesionais do ámbito portuario de calquera punto, interesados no porto de Vilagarcía. O acceso a estas dúas plataformas pode realizarse fácilmente a través desta páxina web, nos enlaces do ángulo superior dereito.
A esta incorporación a dúas das redes sociais con máis implantación neste momento hai que sumar a canle da Autoridade Portuaria no portal de videos youtube, que se abriu a pasada primavera, con motivo do lanzamento do video corporativo do Porto. Deste xeito, o de Vilagarcía é o primeiro porto galego de interese xeral do Estado que ten presenza nas tres principais redes sociais.
A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, informou na sesión do consello de administración celebrada o 24 de xaneiro aos membros do Consello sobre a entrada en funcionamento do twitter e o facebook do porto arousano, indicando que “abrirse a estas novas canles de comunicación é importante para informar dos nosos plans e actuacións e tamén para recibir información do público en xeral, que deste xeito pode fácilmente suscitarnos suxestións e propostas, ou simplemente facernos chegar a súa opinión”.
Por outra banda, na mesma sesión tomou posesión como membro do Consello de Administración do porto o concelleiro da Corporación municipal Jesús Longa, en sustitución de María Villaronga Chazo. Ademais, acordouse o nomeamento de Alfonso González Gallego, responsable do departamento comercial da Autoridade Portuaria, como representante deste organismo na Sociedade Anónima de Xestión de Estibadores Portuarios (SAGEP). |