facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 23-Maio-2018
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Vilagarcía rexistrou en 2012 o segundo maior incremento porcentual de tráficos do sistema estatal
Sábado, 09 Febreiro 2013 11:46
AddThis Social Bookmark Button

Atraque Ferrazo NorteO Porto de Vilagarcía rexistrou á conclusión de 2012 o segundo maior incremento porcentual de tráficos no conxunto das 28 autoridades portuarias que conforman o sistema portuario estatal. O porto arousán terminou o ano cunha subida do 24% nos seus tráficos.

O aumento porcentual dos tráficos no porto arousáns só foi superado por Cartagena, cun 33% de subida. A media do sistema nacional de portos de interese xeral do Estado foi do 4,04%.

A subida na mercancía xeral -a que aporta maior valor engadido- foi do 67%, o que supón o maior incremento porcentual do conxunto dos portos do Estado nesa modalidade. Iso foi debido en gran medida ao tráfico contenerizado, pero tamén a outros produtos englobados neste apartado como o taboleiro, o aluminio ou a pasta de papel; todos eles pecharon o ano superando os seus registros de 2011. En canto aos contenedores, movéronse un total de 26.664 TEUS a través da liña regular que a empresa Boluda xestiona desde a terminal de Ferrazo e que cobre a liña Bilbao-Vilagarcía-Lisboa-Canarias.

Nos graneles líquidos o aumento de tráficos ao remate do ano no porto de Vilagarcía foi do 2,59%, por encima da media estatal nesta categoría, fixada no 2,01%. Finalmente, no apartado de graneles sólidos tamén se pechou o ano en positivo, cun incremento porcentual do 2,16%.

Por enriba do millón de toneladas

Como xa se comentou, os bos resultados nas tres categorías (graneis líquidos, graneis sólidos e mercancía xeral) permitiron ao porto de Vilagarcía pechar 2012 superando o millón de toneladas (concretamente, 1.007.447 t) cifra que non se alcanzaba desde o ano 2008.