facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A rotonda do Cavadelo estará parcialmente pechada ao tráfico dende este mércores
Luns, 11 Febreiro 2013 13:50
AddThis Social Bookmark Button

cavadelo 2O Porto de Vilagarcía realizará a partir deste mércores, día 13 de febreiro, e durante aproximadamente unha semana, un corte parcial de tráfico na rotonda do Cavadelo.

A medida adóptase para permitir a conexión dos dous tramos do trazado do ferrocarril nos que se está traballando, e obrigará a valar a parte da rotonda máis próxima ao mar, aínda que se seguirá permitindo o paso de vehículos na outra metade.

Para compatibilizar o tráfico rodado cos traballos programados, os vehículos que accedan á rotonda procedentes de Vilaxoán e con dirección O Ramal utilizarán o carril exterior, e os que se dirixan a Vilaxoán circularán polo interior.

A Autoridade Portuaria xa se puxo en contacto coa administración municipal para coordinar este corte parcial de tráfico. O Porto agradece á cidadanía a súa comprensión, polos inconvenientes que estes traballos poidan ocasionar.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.