facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 10-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A rotonda do Cavadelo reabriuse ao tráfico tralas obras de conexión dos dous tramos do ferrocarril
Xoves, 21 Febreiro 2013 13:20
AddThis Social Bookmark Button

pavimentacion cavadeloA rotonda de O Cavadelo está novamente aberta ao tráfico tras concluír na tarde do mércores, día 20 de febreiro, as orbas de conexión dos dous tramos do ferrocarril ao porto nos que actualmente se está a traballar, así como a posterior pavimentación de toda a zona.

A execución destes traballos, que se prolongou durante aproximadamente unha semana, obrigou a un peche parcial da rotonda, se ben este se compatibilizou co tráfico rodado en  ambos sentidos. A rúa Rivero de Aguilar-no tramo comprendido entre os parques do Cavadelo e do Centenario- está tamén aberta para os vehículos que circulen en sentido Vilaxoán.

Durante as próximas semanas continuarase traballando para rematar os traballos no primeiro tramo do trazado (entre o antigo depósito de augas do porto e o Cavadelo); os traballos no segundo tramo (entre O Cavadelo e a rotonda de acceso ao peirao de Pasaxeiros) están máis avanzados, polo que se espera que nuns días a zona se reabra completamente ao tránsito tanto de vehículos como peonil.

As obras en execución forman parte do proxecto de extensión do trazado ferroviario do POrto ao peirao de Ferrazo, fase 1. Os traballos, que prolongarán a conexión por ferrocarril do porto ata os peiraos Comercial e de Comboa, están a ser executados pola empresa COMSA.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.