facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 10-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Intensa actividade portuaria, coa descarga simultánea de dous buques con 54.000 toneladas de cereal
Venres, 02 Decembro 2011 00:00
AddThis Social Bookmark Button

O Porto de Vilagarcía vive hoxe unha xornada de intensa actividade no que a movemento de graneis sólidos se refire, coa descarga simultánea de dous buques con case 54.000 toneladas de cereal. Ao "Houma Belle", que desde o mércores atópase descargando case 36.000 toneladas de millo no peirao de Comboa, súmase desde esta mañá o "Power Ranger", que simultaneamente está descargando outras 18.000 toneladas de trigo no peirao Comercial Oeste.

O "Power Ranger" é un buque de bandeira do Reino Unido con case 190 metros de eslora, cuxa escala en Vilagarcía está consignada pola empresa Bernoport. A descarga de trigo que está efectuando é a maior deste ano no porto de Vilagarcía deste cereal, e coincide coa do "Houma Belle" con bandeira filipina, 182 metros de eslora e consignado por P&J Carrasco- cuxa descarga de millo é das maiores realizadas na historia do porto arousán.

Coas descargas desta semana, o porto de Vilagarcía consegue superar xa os tráficos rexistrados ao peche do pasado ano. Particularmente destacados son os resultados nas categorías de graneis líquidos e, sobre todo, de mercancía xeral, a de maior valor engadido

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.