facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto lidera o proxecto trasnacional BOATING para a potenciación do sector náutico recreativo
Martes, 23 Abril 2013 18:14
AddThis Social Bookmark Button

puerto deportivoO Porto de Vilagarcía, xunto con varios socios comunitarios, ven de presentar o proxecto BOATING ao Programa Espazo Atlántico 2013. A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, comunicou a iniciativa aos membros do Consello de Administración na sesión do 23 de abril.

Espazo Atlántico é un programa de Colaboración Territorial Europea que ten como obxectivo contribuír á cohesión territorial desta área xeográfica mediante o fortalecimiento da cooperación entre os Estados membros participantes: España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda.

A iniciativa BOATING foi presentada en forma de “manifestación de interese” á última convocatoria de proxectos no marco deste programa de colaboración. As iniciativas seleccionadas poderán beneficiarse dun financiamento de ata o 65% do custo do programa a través dos fondos FEDER da Unión Europea. BOATING persegue o impulso da Estrutura Atlántica Trasnacional do sector náutico recreativo e a súa cadea de valor, propoñéndose como obxectivo reforzar a competitividade e a capacidade de innovación nos nichos de excelencia da economía marítima.

Ademais da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, que lidera o proxecto e formou o partenariado, os socios que participan neste programa son a Asociación Clúster do Naval Galego -ACLUNAGA; o organismo público francés Nautisme en Finistére; a asociación cultural, deportiva e turística Intercéltica, de Portugal; o organismo privado Cornwall Marine Network Ltd, de Cornualles, Gran Bretaña; a Universidade de Strathclyde, en Glasgow; a autoridade rexional irlandesa de Mid West; e a Irish Federation of Marine Industry Associations Limited (federación irlandesa de industrias mariñas).

A xustificación da iniciativa define a náutica deportiva e recreativa como un das industrias máis dinámicas, competitivas e con maior potencial do sistema produtivo do Espazo Atlántico, sendo as súas costas punteiras tanto por navegabilidade coma por infraestructuras e servizos. Con todo, este tecido produtivo, composto mayoritariamente por PEMEs, ten que afrontar diversos retos derivados da contracción da demanda, a competencia de países emerxentes e a fragmentación do mercado europeo.

En resposta a esta situación, o proxecto postula unha actuación en toda a cadea de valor do sector, a través do desenvolvemento de novos modelos de negocio, a innovación e a internacionalización. Entre outras medidas para potenciar o sector naútico recreativo, apúntase á creación de produtos náuticos transnacionales, o impulso de proxectos colaborativos Centros Tecnolóxicos-Empresas e a capacitación técnica. Deste xeito, a iniciativa BOATING persegue como obxectivo último contribuír ao incremento da competitividade e a mellora do posicionamiento internacional de espazo atlántico como un territorio de excelencia en canto a industria, servizos e condicións de navegabilidade.

No mes de maio coñecerase si a iniciativa liderada pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía pasa o primeiro corte e avanza no proceso para conseguir a aprobación definitiva.

Prórroga para as obras do ferrocarril

Por outra banda, o Consello de Administración acordou conceder unha prórroga para a finalización das obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1. As abundantes precipitacións do outono e o inverno ralentizaron o calendario de traballos previsto, o que impediu a finalización das actuacións no prazo inicialmente establecido. O novo prazo de remate das obras fixouse para o 30 de setembro, tendo en conta as xornadas nas que non puido traballar ata a data e tamén a media de precipitacións rexistradas na primavera e verán nos últimos anos.

A previsión da Autoridade Portuaria é que a empresa adjudicataria, COMSA, inicie os traballos entre a rotonda do peirao de Pasaxeiros e O Ramal en breve prazo, obras que se compatibilizarán coa conclusión dos traballos en curso no primeiro tramo, entre o depósito de auga do porto e a rotonda de O Cavadelo, e tamén co tendido de vías no interior do recinto portuario, no que se está traballando actualmente.

As obras do ferrocarril a Ferrazo dotarán dunha conexión ferroviaria imprescindible nun porto de interese xeral á zona portuaria con maiores calados, metros de atraque e áreas de almacenamiento anexas. Nesta primeira fase, está previsto que o ferrocarril chegue ata os peiraos Comercial e de Comboa.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.