facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Puertos del Estado presenta en Vilagarcía os seus sistemas de información de variables océano-meteorolóxicas
Xoves, 25 Abril 2013 16:29
AddThis Social Bookmark Button

charla puertos A sala de conferencias da Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolleu esta mañá unha xornada informativa sobre as actividades de Puertos del Estado en materia de medición, caracterización, predicción e alerta de variables océano-meteorolóxicas.

Unhas trinta persoas, aproximadamente, asistiron á charla-presentación que correu a cargo de Susana Pérez Rubio, responsable de bancos de datos do equipo de Medio Físico de Puertos del Estado. Entre os asistentes contábase persoal da propia Autoridade Portuaria, así como unha ampla representación da comunidade portuaria arousá e doutras institucións e organismos da nosa contorna, que teñen no mar o seu principal ámbito de actuación.

O labor do Puertos del Estado neste ámbito se articula en catro grandes campos: medición, que agrupa os datos fornecidos en tempo real polas diferentes redes de medida (boias, mareógrafos, radares de alta frecuencia); predicción, fundamentalmente en tres apartados: oleaxe, nivel do mar e circulación; serie histórica de datos; e difusión, que garante a accesibilidade de toda a información recollida nos tres apartados anteriores a calquera usuario. As variables que se poden consultar son moi diversas: mareas, oleaxe, vento, correntes, temperatura do mar, temperatura do aire, presión atmosférica, etc.

Toda esta información é accesible a través a web de Puertos del Estado, www.puertos.es. Recientemente o organismo público creou o sistema Portus, para integrar e difundir a información océano-meteorolóxica, creando unha plataforma de acceso único a diferentes datos (mareas, oleaxe, correntes. etc.), que se pode consultar tanto por contido como por porto. Ademais, o organismo público desenvolveu a aplicación iMAR para dispositivos móbiles, que optimiza a consulta desta información desde teléfonos móbiles e tabletas.

Por outra banda, e seguindo o exemplo do modelo SAMPA (Sistema Autónomo de Monitorización, Predicción e Alerta), creado en colaboración coa Autoridade Portuaria de Algeciras, Puertos del Estado está traballando para estender este sistema a outras autoridades portuarias. A iniciativa, denominada SAMOA (Sistema de Apoio Oceanográfico e Meteorolóxico ás Autoridades Portuarias) está actualmente en fase de desenvolvemento.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.