facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
As obras no terceiro tramo do ferrocarril do Porto comezarán a próxima semana
Sábado, 04 Maio 2013 09:15
AddThis Social Bookmark Button

parking tirO vindeiro luns, día 6 de maio, darán comezo as obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, no seu terceiro tramo, comprendido entre a rotonda do peirao de Pasaxeiros e a rotonda do Ramal.

Nese día procederase ao valado da zona de actuación -todo o tramo de Rivero de Aguilar comprendido entre os dous puntos mencionados- e a circulación quedará limitada aos vehículos que circulen en sentido Vilaxoán, debendo aqueles condutores que se dirixan cara Carril utilizar la Avda. da Mariña.

Dentro deste terceiro tramo do proxecto,as obras iniciaranse na zona situada fronte á zona verde anexa a la zona TIR e o estacionamento público e gratuito contiguo. Con motivo dos traballos, se habilitará unha entrada alternativa a este parking dende o acceso ao peirao do Ramal (detrás da báscula do porto).

As obras de prolongación do ferrocarril a Ferrazo continúan ademais no primeiro tramo (entre o antigo depósito de auga do porto e a la rotonda do Cavadelo) así como no interior do recinto portuario.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.