facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto de Vilagarcía recibe mañá o segundo crucero deste mes
Venres, 24 Maio 2013 12:52
AddThis Social Bookmark Button

crucero comboaO “Ocean Majesty”, un buque con bandeira de Portugal, de 136 metros de eslora e con capacidade para máis de seiscentos pasaxeiros, fará escala mañá, sábado, no porto de Vilagarcía.

O barco arribará ás nove da mañá ao peirao de Comboa, procedente de Lisboa, e a súa saída está prevista ás tres da tarde, con destino Portsmouth. A súa escala en Vilagarcía está consignada pola empresa P&J Carrasco.

Como é habitual, o porto de Vilagarcía, en colaboración coas asociacións locais de hosteleros e comerciantes, e o Concello de Vilagarcía, implementará diversas medidas para facer máis grata a estancia dos cruceristas na cidade, tales como información turística, facilidades no desprazamento entre o peirao e o centro urbano ou a actuación dun grupo de música e baile tradicional para despedir aos visitantes.

O terceiro crucero deste mes chegará a próxima semana. Trátase do “Quest for Adventure”, que xa fixo escala na nosa cidade hai escasas datas. A escala está programada para o mércores, entre as seis da mañá e as oito da tarde.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.