O porto recibe a visita do "Quest for Adventure" terceiro cruceiro deste mes |
Mércores, 29 Maio 2013 16:48 |
O buque “Quest for Adventure” está realizando durante o día de hoxe unha escala no porto de Vilagarcía. Trátase da terceira escala dun cruceiro neste mes, e a segunda do mesmo barco, que xa estivo en Vilagarcía o pasado día 8 de maio. O buque permanece atracado no peirao de Comboa.
O "Quest for Adventure" arribou a Vilagarcía ás sete da mañá, procedente de Nantes, e ten prevista a súa saída ás dez da noite, con destino a Bilbao. O barco, de 165 metros de eslora, ten bandeira de Malta e capacidade para 450 pasaxeiros. A escala en Vilagarcía está consignada pola empresa Rubine e Hijos.
Desde primeira hora da mañá, os pasaxeiros teñen á súa disposición un punto de atención ao visitante con información turística e comercial, así como un servizo lanzadeira gratuíto para facilitar os desprazamentos entre o peirao e o centro urbano. Ás sete da tarde, si as condicións meteorolóxicas o permiten, está programada a actuación dun grupo de música e baile tradicional galego. Como é habitual, estas medidas se implementan coa colaboración do Concello de Vilagarcía e as asociacións locais de hosteleros ?Ahituvi- e comerciantes ?Zona Aberta-. |