facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 17-Xullo-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Conselleira do Mar e o reitor da USC celebraron en Vilagarcía o Día dos Océanos
Luns, 10 Xuño 2013 12:17
AddThis Social Bookmark Button

oceanosbis1A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, visitaron o día 8 de xuño o buque do servizo de Gardacostas de Galicia "Irmáns García Nodal", atracado no peirao de Comboa do porto de Vilagarcía.

A visita serviu para conmemorar o Día dos Océanos, que por segundo ano consecutivo tivo no Porto de Vilagarcía o seu acto central no ámbito autonómico. No percorrido polo buque tamén participaron a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, así como o capitán marítimo, Manuel Martínez Calvo, e outros representantes da administración local e autonómica.

O acto serviu para difundir o acordo de colaboración asinado entre a universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Medio Rural e do Mar, para o desenvolvemento de actividades docentes e traballos de investigación científica e que teñen como escenario principal o buque "Irmáns García Nodal". Concretamente, nel realízase formación de persoal investigador da USC e fanse prácticas por parte de científicos das dúas institucións.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.