facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
As obras do ferrocarril do porto avanzan cara á súa conclusión co remate dos traballos no primeiro tramo
Venres, 12 Xullo 2013 12:22
AddThis Social Bookmark Button

apertura tramo trenAs obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, deron un importante paso cara á súa finalización co remate dos traballos no primeiro tramo da actuación, entre a rotonda de O Cavadelo e as inmediaciones do antigo depósito de augas do porto, onde se sitúa a nova entrada ao recinto portuario.

Os traballos xa concluídos permiten a habilitación de dous carrís en cada sentido de circulación no mencionado tramo, o que contribúe á agilización do tráfico de entrada e saída da cidade a través do vial de enlace Porto-Autopista. A intervención completase coa instalación de novo mobiliario urbano, sinalización de prazas de estacionamiento e apertura do novo carril-bci, construído en paralelo á nova beirarrúa ao lado máis próximo ao mar. A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, acompañados do concelleiro e membro do Consello Consejo de Administración do Puerto Manuel Tarrío, a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo, e outros directivos desta entidade, visitaron o tramo rematado o día 4 de xullo, trala súa apertura ao tráfico na xornada anterior.

Coa apertura ao tráfico desta zona, complétanse dous dos tres tramos nos que se divide a actuación no seu tramo máis urbano. Actualmente continúase traballando na rúa Rivero de Aguilar, entre a rotonda do Ramal e a de peirao de Pasaxeiros, e tamén no interior do recinto portuario, a fin de levar o novo tendido ferroviario aos peiraos Comercial Leste e Oeste e Comboa, tal e como contempla o proxecto. O prazo de ejecución das obras termina o 30 de setembro.

As obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, teñen un orzamento de aproximadamente cinco millóns de euros (sen iva), parcialmente financiados con fondos de cohesión da Unión Europea. A súa conclusión dotará ao porto de Vilagarcía dun trazado ferroviario moderno e eficiente nos peiraos con maiores calados, metros lineales de atraque e zonas de almacenamiento anexas, contribuíndo así a mellora do servizo que o porto de Vilagarcía ofrece ás empresas da súa zona de influencia.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.