facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 14-Decembro-2017
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto recibe mañá a visita do cruceiro "Ocean Majesty"
Mércores, 21 Agosto 2013 12:29
AddThis Social Bookmark Button

crucero hamburgO Porto de Vilagarcía recibirá mañá, xoves, a visita do cruceiro “Ocean Majesty”, de 130 metros de eslora. O buque arribará ás 9.30 horas, procedente de St. Malo, e saldrá ás 17.30, con destino Lisboa. A escala está programada no peirao Comercial e consignada por P&J Carrasco.

O “Ocean Majesty” é un cruceiro de bandeira portuguesa, con capacidade para máis de 600 pasaxeiros. Esta é a segunda escala nesta tempada do “Ocean Majesty” en Vilagarcía -porto que xa visitou o pasado mes de maio- e a cuarta dun crucero neste ano.

A Autoridade Portuaria, en colaboración co Concello de Vilagarcía e as asociacións locais de comerciantes e hostaleiros, poñerá a disposición dos viaxeiros un servizo lanzadeira gratuíto prestado polo tren turístico, para facilitar os desprazamentos entre o peirao e o centro urbano. Tamén se instalará un punto de atención ao visitante a pé de peirao, con información comercial e turística, e á despedida do cruceiro terá lugar a actuación dun grupo de música e baile tradicional galego.