facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 18-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O cruceiro "Ocean Majesty" fai escala no Porto
Xoves, 22 Agosto 2013 13:28
AddThis Social Bookmark Button

ocean majestyO cruceiro “Ocean Majesty” está realizando durante a xornada de hoxe unha escala no Porto de Vilagarcía. O buque, de 130 metros de eslora e bandeira de Portugal, arribou ás 9.30 horas, procedente do porto francés de St. Malo.

A saída do cruceiro está programada ás 17.30 horas, con destino Lisboa. A escala está consignada por P&J Carrasco. .

A Autoridade Portuaria, en colaboración co Concello de Vilagarcía e as asociacións locais de comerciantes e hostaleiros, instalou a pé do peirao Comercial un punto de atención ao visitante para ofrecer información comercial e turística aos viaxeiros. Tamén se dispuxo un servizo lanzadeira gratuíto, por medio do tren turístico, para conectar o peirao co centro urbano, así como unha parada de taxi. Para a despedida do cruceiro está prevista a actuación dun grupo de música e baile tradicional galego.

A de hoxe é a segunda escala deste buque no porto de Vilagarcía no presente ano, trala realizada no mes de maio, e a cuarta dun cruceiro nesta tempada.

Próxima escala

A próxima escala dun cruceiro no porto de Vilagarcía está programada para o luns, día 26 de agosto. O “FTI Berlin” arribará ese día ás sete da mañá, procedente de Cherburgo, e efectuará a súa saída ás dúas da tarde, rumbo a Lisboa.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.