facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O cruceiro "FTI Berlin" fai escala hoxe en Vilagarcía
Luns, 26 Agosto 2013 17:00
AddThis Social Bookmark Button

despedida berlinO cruceiro “FTI Berlin” está realizando hoxe una escala no peirao Comercial Oeste do porto de Vilagarcía. O quinto cruceiro da tempada fixo a súa entrada no porto arousáns ás doce do mediodía, e a súa saída está prevista ás seis da tarde. O barco, con bandeira de Malta, procede de Cherburgo e se dirixe a Lisboa. O “FTI Berlin” é un buque de 139 metros de eslora, con capacidade para 420 pasaxeiros. A súa escala está consignada por P&J Carrasco.

Para facer máis agradable e cómoda a estancia en Vilagarcía de pasaxeiros e tripulación se puxeron en marcha as iniciativas habituais en todas as escalas de cruceiros, como a parada de taxis provisional a pé de molle ou o servizo lanzadeira gratuíto entre o porto e o centro urbano mediante o tren turístico, ademais da instalación dun punto de atención ao visitante. Para despedir ao cruceiro, está programada a actuación dun grupo de música e baile tradicional galego. Todas estas iniciativas se desenvolverán en colaboración co Concello de Vilagarcía e as asociacións locais de comerciantes -Zona Aberta- e hostaleiros –Ahituvi-.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.