facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto acometerá dende este luns obras de pavimentación no trazado do tren a Ferrazo
Domingo, 15 Setembro 2013 21:22
AddThis Social Bookmark Button

pavimentado rdaguilarAs obras do ferrocarril a Ferrazo ocasionarán a partir do luns, día día 16 de setembro, cambios na circulación rodada na rúa Rivero de Aguilar, pola realización de traballos de pavimentación do vial.

No tramo comprendido entre O Ramal e a rotonda de acceso ao peirao Pasaxeiros estas obras motivarán restricións na circulación: manterase aberto un so carril para o paso de vehículos mentres se pavimenta o contrario, permitíndose unicamente o tráfico con sentido Vilaxoán. Os vehículos que circulen cara Carril deberán empregar como vial alternativo a Avda. da Mariña. Os cambios no tráfico, coordenados coa administración municipal, serán provisionais e se prolongarán o tiempo imprescindible para completar o asfaltado.

A obra do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, ten un orzamento de 5 millóns de euros –sin ive-, parcialmente financiados por Fondos de Cohesión da Unión Europea. Os traballos están practicamente finalizados nos dous primeiros tramos, mentres se continúa a traballar no interior do recinto portuario e no tramo entre O Ramal e Pasaxeiros, onde a actuación da empresa COMSA, adxudicataria das obras, se intensificará a partires da semana próxima.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.