facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 13-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria desenvolve unha xornada sobre sustentabilidade e xestión eficiente
Venres, 25 Outubro 2013 14:50
AddThis Social Bookmark Button

jornada sostenibilidad 1“Sustentabilidade e Xestión eficiente” é o título da xornada que, organizada pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía e dirixida á comunidade portuaria arousá, se se celebrou na mañá de hoxe na sé portuaria do peirao de Pasaxeiros.

A apertura da xornada correu a cargo da directora do Porto, Begoña Mesejo, quen destacou na súa intervención os pasos dados polo porto de Vilagarcía para alcanzar elevados estándares de calidade e sustentabilidade nas súas actuacións, o que permitiu que a Autoridade Portuaria dispoña das certificacións ISO 14001:2004 do sistema de xestión ambiental, ISO 9001:2008, de xestión de calidade, e OHSAS 18001:2007, de seguridade e saúde laboral.

Este tema desenvolveuse máis en profundidade no primeiro relatorio da xornada, titulado "Sustentabilidade e Obxectivos de Xestión do Porto de Vilagarcía", e que correu a cargo do responsable de Recursos Humanos da Autoridade Portuaria, Jesús Paz, quen xunto a Jaime Rodrigo -experto nos ámbitos de calidade, medio ambiente e prevención- expuxo á comunidade portuaria os obxectivos establecidos para o porto en materia de sustentabilidade.

A intervención da representante da Cámara de Comercio, Begoña Ruiz, centrouse nas liñas de subvencións e axudas existentes en materia de xestión sustentable.

Bureau Vertitas Certification foi a firma encargada de realizar unha presentación sobre referenciais portuarios de calidade e medio ambiente. De acordo coa lexislación vigente, a obtención de certificacións nestas materias permite ás empresas concesionarias e prestadoras de servizos portuarios acceder a bonificacións nas taxas portuarias. Enrique Quejido foi o responsable desta intervención, que se completou cun exemplo práctico do propio porto de Vilagarcía: a obtención da certificación de calidade por parte de Cefrico (Grupo Profand), tema exposto por Carmen de Miguel, en representación desta firma.

O último relatorio correu a cargo de Silvia Matabuena, da firma Lloyd's RQA, e estivo centrada en Eficiencia energética, Pegada de Carbono e Sustentabilidade, con especial atención á situación nos portos de interese xeral.

Tralas conclusións procedeuse ao acto de entrega da Certificación OHSAS 18001:2007 por parte de Lloyd´s RQA a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Esta é a última certificación obtida polo porto de Vilagarcía, neste mesmo ano, e recoñece o seu labor nos ámbitos da seguridade e saúde laboral.

Acto seguido, fíxose entrega da Certificación Referencial de Calidade Terminal de Mercancía Convencional (V¹ 17/09/2012) por parte de Bureau Veritas Certification a CEFRICO, primeira empresa do porto de Vilagarcía en obter esta distinción. Como recoñecemento propio, a Autoridade Portuaria fixo tamén entrega a esta mesma empresa do diploma Marca distintiva "Porto de Vilagarcía de Arousa".

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, pechou a xornada cunha intervención na que destacou que a implicación das empresas, públicas ou privadas, no ámbito da Responsabilidade Social Empresarial -que engloba todas as cuestións relacionadas coa sustentabilidade, a eficiencia e a calidade- é cada vez máis demandada e valorada pola sociedade. Franco Malvar apuntou "que desenvolvemento social, beneficio económico, e equilibrio medioambiental son os tres alicerces da Responsabilidade Social Empresarial, valores compartidos por toda a comunidade portuaria. Por iso -engadiu- podemos compartir tamén as nosas ideas, coñecementos e experiencias para avanzar activamente cara a eses obxectivos, sentando as bases dunha fructifera colaboración neste ámbito".

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.