facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A presidenta da Autoridade Portuaria interveu na Semana de Estudios del Mar cun relatorio centrado na intermodalidade
Mércores, 30 Outubro 2013 16:59
AddThis Social Bookmark Button

ponencia bamio 2A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, interveu esta mañá na XXXI Semana de Estudios del Mar, que se celebra en Bamio, organizada pola Fundación Asesmar. A intervención da presidenta centrouse no "Pasado, presente e futuro do porto de Vilagarcía de Arousa e a súa intermodalidade marítimo-ferroviaria".

Nunha primeira parte, a modo de introdución, analizou o papel da intermodalidade dentro a política comunitaria no ámbito do transporte de mercancías, como resposta aos desafíos que enfronta a Unión Europea, tales como o crecente custo dos combustibles, a conxestión das zonas urbanas ou os retos medio ambientais. Fixo tamén un repaso polas competencias dos diferentes organismos públicos en España nesta materia, e abordou igualmente a situación actual do transporte intermodal no sistema portuario nacional.

A segunda parte repasou as principais actuacións e proxectos do porto de Vilagarcía en materia de intermodalidade desde a súa fundación e ata finais do pasado século, con especial atención á construción do peirao do Ramal e a evolución histórica desta infraestrutura.

A terceira parte presentou o proxecto de prolongación do ferrocarril a Ferrazo e as súas obras complementarias, traballos que completan o proxecto de terminal intermodal do porto de Vilagarcía -actuación que incluíu tamén as obras xa terminadas de ampliación do peirao Comercial e Dragado da canle de entrada e círculo de manobra, e que supuxo un investimento global de 24 millóns de euros, parcialmente financiados con Fondos de Cohesión da Unión Europea-. Sagrario Franco tamén resaltou que as obras do ferrocarril a Ferrazo, fase I, poñen fin ao desenvolvemento de infraestruturas previstas no anterior plan estratéxico da Autoridade Portuaria.

Finalmente, na última parte da intervención, a presidenta da Autoridade Portuaria destacou a intención deste organismo de completar a extensión do ferrocarril a Ferrazo acometendo unha segunda fase do proxecto que está executándose nestes momentos, á vez que, de acordo coas previsións do plan Estratéxico recentemente aprobado e que abarca o período 2013-2017, ponse o foco na optimización das posibilidades da Autoridade Portuaria de Vilagarcía como centro loxístico do noso hinterland a través dunha xestión sostible, eficiente e de calidade, e aproveitando novas vantaxes competitivas, como o caso do ferrocarril que a Autoridade Portuaria está a piques de terminar.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.