facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 10-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia visitou a Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Luns, 09 Decembro 2013 19:24
AddThis Social Bookmark Button

visita presidente ceg1O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, acompañado polo presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Luís Novoa, visitou esta mañá a Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

Os representantes do empresariado autonómico y provincial mantiveron unha reunión coa presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, a directora, Begoña Mesejo, e outros membros do equipo directivo do porto. Neste encontro tamén tomaron parte o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, o presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía, Miguel Falcón, e o presidente da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa, José Luis Vilanova, xunto co directivo desta institución Luis García-Reboredo.

A visita institucional serviu para que o recientemente nomeado presidente da CEG coñecese os proxectos de futuro do porto arousano que, unha vez terminada a fase de desenvolvemento das seus infraestruturas que caracterizou a súa xestión nos pasados anos, está agora envorcado na explotación e comercialización dos seus equipamientos e servizos. Neste sentido a presidenta do porto, Sagrario Franco, resaltou que o Plan Estratéxico da entidade, que abarca o periodo 2013-2017 presta especial atención ao papel do Porto de Vilagarcía como dinamizador económico. “É tamén -engadiu a presidenta- un plan de Comunidade Portuaria, que pretende axuntar os esforzos das empresas usuarias do porto para lograr un incremento de tráficos e unha mellora na conectividade exterior do territorio”. Franco Malvar destacou a importancia do empresariado na actividade do porto, “xa que son as grandes compañías e as pymes asentadas na nosa zona de influencia as que van utilizar os nosos servizos e infraestructuras para ampliar ou consolidar a súa actividade comercial e industrial”.

Pola súa banda Fernández Alvariño resaltou o papel que lle corresponde ao sistema portuario galego, que conta con cinco portos de interese xeral, no fortalecimiento da economía de Galicia. Alvariño engadiu que “unha oferta global dos portos galegos significa oportunidades para todos, presentándonos como unha unidade de destino” que saque partido ao posicionamiento da fachada atlántica galega nas grandes rutas do transporte marítimo internacional. Tamén coincidiu coa presidenta da AP na importancia das accións comerciais para a captación e consolidación de novos tráficos portuarios. Luís Novoa, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, incidió ademais na importancia de contar con boas comunicacións para facer os portos máis atractivos e ampliar o seu hinterland.

Tomás Fole, alcalde de Vilagarcía, apuntou á boa relación entre as distintas institucións e administracións como unha das claves para o desenvolvemento económico e social de Galicia, e puxo como exemplo as reunións de coordinación que periódicamente manteñen Concello e Autoridade Portuaria, para o mellor coñecemento dos seus proxectos e iniciativas.

Pola súa banda os representantes do empresariado arousano valoraron o esforzo realizado pola Autoridade Portuaria nos últimos anos para a mellora das seus infraestructuras “con visión de futuro”, e que permitiu mellorar tanto os seus calados como superficies de almacenamiento e conexións viarias e ferroviarias, de tal xeito que o porto de Vilagarcía “é un porto moi atractivo para empresas tanto do seu hinterland como de fóra da súa zona de influencia”, en palabras de Luís García-Reboredo Mendoza. A comercialización destas infraestructuras é fundamental para aproveitar ao máximo as potencialidades do porto arousano, segundo resaltaron tanto José Luís Vilanova como Miguel Falcón.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.