facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Domingo, 09-Decembro-2018
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Comezan as obras de renovación do tendido ferroviario entre O Ramal e a estación
Mércores, 11 Decembro 2013 12:08
AddThis Social Bookmark Button

obras ramal 1Esta semana deron comezo as obras de sustitución do tendido ferrovario no tramo comprendido entre a rotonda de O Ramal e a estación de ferrocarril, o que suporá a completa modernización do trazado ferroviario do porto, unha vez conclúan estes traballos así como os de extensión do ferrocarril aos peiraos da zona sur.

A renovación do enlace ferroviario -de titularidade portuaria- entre a rotonda de O Ramal e a estación de tren non se inclúe na obra do ferrocarril a Ferrazo, fase I, senón que a súa realización é consecuencia dos traballos de canalización do regato da Tripeira. Estas obras obrigaron a levantar as vías do ferrocarril en parte da súa lonxitude entre a estación e O Ramal, correspondéndolle á mesma empresa que realizou ditas obras a reposición do tendido. Aproveitando esta circunstancia, a Autoridade Portuaria decidiu acometer a renovación do tendido no resto deste tramo, unha actuación que comezou o 10 de decembro e que supón un investimento de 43.000 euros.