facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 09-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto presentou os seus servizos ás empresas de Ourense, co ferrocarril e os contedores como dúas das súas maiores bazas
Mércores, 18 Decembro 2013 17:42
AddThis Social Bookmark Button

presentacion empourenseA Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa presentou onte os seus servizos logísticos ás empresas de Ourense, nun acto celebrado na sé da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, baixo o título "Operatividade en movemento". Varios membros da comunidade portuaria de Vilagarcía acompañaron aos responsables portuarios neste acto.

O acto, celebrado a iniciativa da Confederación Empresarial de Ourense e co apoio da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, obedece ao propósito da Autoridade Portuaria de consolidar e expandir a súa zona de influencia, de acordo coas previsións do seu Plan Estratéxico 2013-2017. Ourense, pola súa proximidade xeográfica e boas comunicacións, é un dos puntos de interese para o porto de Vilagarcía nesta estratexia.

O acto comezou cunha introdución a cargo do presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, José Elías Mera, quen destacou as posibilidades que o porto de Vilagarcía ofrece en canto a situación e servizos. A continuación a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, interveu para agradecer a invitación e destacou tamén a experiencia do Porto de Vilagarcía como "eslabón imprescindible nos procesos produtivos dun grande número de empresas de todo o noroeste peninsular, poñendo a disposición do empresariado galego instalacións competitivas, eficaces e sostibles que facilitan os seus intercambios comerciais".

A presentación da Autoridade Portuaria correu a cargo da súa directora, Begoña Mesejo. Nunha primeira parte, resaltou as infraestructuras do porto -calados, atraques, capacidade de almacenamiento ou conexión ferroviaria-. A directora mencionou algúns exemplos de como a logística do Porto pode contribuír á competitividade das empresas de Ourense e fixo mención da adaptabilidade e flexibilidade do porto como dous dos seus principais valores. A continuación, proxectouse o video institucional do porto de Vilagarcía.

Roberto Cabana, de Boluda Lines, realizou a segunda presentación, baixo o título "Os portos como plataformas logísticas". Centrou a súa intervención nos distintos servizos do grupo Boluda e as posibilidades de conexión con múltiples enclaves que a compañía ofrece desde o seu porto "hub" das Palmas -conectado con Vilagarcía a través de liña regular de contedores-.

Juan Manuel Martínez, do grupo Eurogestión, falou na súa intervención sobre "Ferrocarril e Portos: conectividade e intermodalidade". A estrutura de xestión do transporte de mercancías por ferrocarril en España, a comparativa de prezos entre o transporte ferroviario e a estrada e as experiencias no ámbito do transporte de mercancías ferroviario en varios países da nosa contorna foron tres dos temas abordados nesta intervención.

Finalmente, a presentación concluíu cun caso práctico. A experiencia de Aceites Abril no porto de Vilagarcía, que expuxo o gerente desta firma e presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal. Pérez Canal destacou as vantaxes das súas instalacións o porto de Vilagarcía -nas que a compañía está a piques de acometer un importante investimento, a fin de axustar a súa concesión ás necesidades da súa actividade- para a operativa da firma, xa que dispoñer de almacéns a pé de peirao permitiralles recibir e almacenar materia prima con menores custos logísticos.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.