facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria realizará en 2014 investimentos por valor de máis de tres millóns de euros
Venres, 20 Decembro 2013 10:16
AddThis Social Bookmark Button

consejo diciembre 13O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía celebrou na tarde do 19 de decembro a súa última sesión do ano. Na reunión aprobouse o proxecto de plan de empresa do Porto para 2014, que prevé investimentos por valor de 3,3 millóns de euros.

Desta cantidade, un millón de euros destinaranse ás obras de pavimentación interior do Porto, que se acometerán ao longo do próximo ano. Tamén se contemplan anualidades para o financiamento de actuacións actualmente en execución, así como unha partida de 250.000 euros destinada a obras de pequeno orzamento.

Os membros do Consello aprobaron tamén a Modificación Substancial da Delimitación de Espazos de Usos Portuarios (DEUP) do Porto de Vilagarcía de Arousa e o seu envío a Puertos del Estadopara seguir coa súa tramitación ata a aprobación definitiva, unha vez terminado o prazo de exposición pública do documento sen que se presentase ningunha alegación. Igualmente se aprobou a nova Valoración de Terreos do Porto de Vilagarcía, con pequenas correccións sobre o documento presentado ao Consello en setembro, que non incumben á esencia do mesmo. O documento remitirase agora a Puertos del Estado para a súa tramitación e posterior aprobación de acordo co Art. 177.1 do Real Decreto Legislativo 2/2011, de 5 de setembro.

Obra do ferrocarril

O Consello de Administración do porto tamén deu a súa aprobación á proposta de concesión á empresa COMSA dunha ampliación de prazo para a terminación das obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, atendendo á solicitude presentada pola firma e o informe elaborado pola enxeñeira directora da obra. A prórroga concedida é de 3 meses e 11 días, quedando establecido o novo prazo límite para a finalización dos traballos no día 31 de marzo de 2014.

Aínda que a empresa estima que o tempo necesario para a execución dos traballos pendentes é de 21 días, solicítase -e concédese- un prazo máis amplo para permitir a realización previa de traballos de renovación de redes de servizos entre os PKs 0+265 e 0+ 370; que deben estar rematados antes de poder proceder ao tendido de vías nese tramo.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.