facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria intégrase na rede de portos "EcoPorts"
Xoves, 13 Febreiro 2014 19:12
AddThis Social Bookmark Button

vista área do porto de vilagarcíaA Autoridade Portuaria de Vilagarcía é membro dende hai escasas datas da rede EcoPorts, unha asociación voluntaria de portos europeos integrada por autoridades portuarias -ou outros organismos con competencia na xestión de portos- que comparten unha preocupación común pola sustentabilidade e o respecto medioambiental.

A rede está xestionada pola Asociación Europea de Portos Marítimos (ESPO, polas súas siglas en inglés). Vilagarcía é a cuarta autoridade portuaria española en formar parte de Ecoports, logo de Castellón, Valencia e Vigo. No caso do porto arousano, a integración nesta rede é un paso máis no compromiso da Autoridade Portuaria por unha xestión eficiente e sustentable dende unha perspectiva medioambiental, compromiso posto de manifesto a través doutras actuacións, como a consecución da certificación medioambiental ISO 14001, que o porto ostenta desde o ano 2012.

EcoPorts é unha organización de portos verdes cuxo obxectivo é facilitar o intercambio de experiencias e coñecementos por parte dos distintos organismos membros, de tal xeito que as prácticas e os puntos de vista expostos polas distintas autoridades portuarias e os seus profesionais contribúan a mellora da eficiencia medioambiental do conxunto do sector a nivel europeo.

ESPO, o organismo promotor da rede ECOPORTS, é unha organización fundada no ano 1993, cuxo obxectivo é conseguir un sector portuario europeo seguro, eficiente e medioambientalmente sostenible. Autoridades portuarias, asociacións portuarias e administracións de portos marítimos dos estados membros da UE e de Noruega forman parte desta organización.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.