facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Xaneiro-2021
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A rúa Valle-Inclán e a rotonda de Pasaxeiros son obxecto de obras de pavimentación
Xoves, 27 Febreiro 2014 16:02
AddThis Social Bookmark Button

La rotonda del muelle de Pasaxeiros y sus zonas anexas, donde se realizan trabajos de pavimentaciónA partir de hoxe xoves, día 27 de febreiro, se acometerán na rúa Valle-Inclán, no tramo comprendido entre a rotonda de Ou Cavadelo e o antigo depósito de auga do porto, traballos previos á pavimentación deste vial, dentro do proxecto do ferrocarril a Ferrazo, fase 1.

As previsións son proceder, hoxe e mañá, ao fresado do actual pavimento, para o cal se se inhabilitará para o tráfico rodado o carril no que están incrustadas as vías do tren; tamén quedan anulados os estacionamientos neste tramo.

A semana próxima, a partir do mércores -a fin de non interferir nas celebracións de Carnaval- comezarase a traballar na pavimentación propiamente dita, o que obrigará a pechar ao tráfico os dous carrís de Valle-Inclán máis próximos ao mar. Os outros dous carrís manteranse abertos un en cada sentido, co obxectivo de minimizar os inconvenientes para o tráfico rodado. Tamén haberá cambios nas rotondas. Este peche parcial ao tráfico de Val-Inclán prolongarase durante unha semana, aproximadamente. A programación dos traballos foi consensuada coa administración local.

As obras proxectadas permitirán arranxar as deficiencias detectadas no firme en varios puntos do novo trazado do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, entre O Cavadelo e o antigo depósito de auga. Tamén está previsto proceder a semana próxima ao pintado nas zonas de nova pavimentación.

O calendario destes traballos ha ter que axustarse, por unha banda, ás festividades do Carnaval e por outra, ás condicións meteorolóxicas, xa que as obras a realizar precisan de varios días consecutivos de tempo seco, circunstancia que de acordo coas previsións, producirase a semana próxima. A Autoridade Portuaria agradece a comprensión da cidadanía polos inconvenientes que os traballos proxectados poidan causar.

Pavimentación na rotonda de Pasaxeiros

Por outra banda, esta misma semana estase procedendo tamén á pavimentación da rotonda de acceso ao peirao de Pasaxeiros e zonas contiguas, unha vez concluídos os traballos de tendido de vías neste tramo. Con esta actuación e as obras proxectadas para a semana próxima queda practicamente concluída a execución da primeira fase do proxecto de ferrocarril ao peirao de Ferrazo, que supón un investimento de aproximadamente cinco millóns de euros, parcialmente financiados con fondos de cohesión da Unión Europea.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.