facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 19-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto de Vilaxoán acolle este sábado a oitava bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía”
Mércores, 12 Marzo 2014 15:40
AddThis Social Bookmark Button

removilaxoan1A oitava edición da bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía” celebrarase este sábado, día 15 de marzo, en augas do porto de Vilaxoán. A competición presentouse esta mañá nun acto celebrado na Autoridade Portuaria.

A competición comezará ás catro e media da tarde e contará coa participación dunha quincena de clubs da provincia e aproximadamente setenta embarcacións. En total, haberá tres probas na modalidade feminina (promesa, xuvenil e senior) e catro na masculina (infantil, cadete, xuvenil e senior).

En mozos, o Club de Remo Vilaxoán, organizador da proba, competirá nas dúas categorías de remeiros de menor idade, mentres que nas mulleres haberá tripulación local en promesa e senior.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, desexou na súa intervención os maiores éxitos a Rogelio Tarrío, presidente do club desde hai escasas semanas, e gabou o labor do seu antecesor, Feliciano Suárez, á fronte do Club de Remo Vilaxoán. Franco Malvar tamén expresou o seu recoñecemento ao esforzo desinteresado de todas as persoas que participan na organización desta proba deportiva.

A concelleira de Deportes do Concello de Vilagarcía, Elena Suárez, destacou a importancia da colaboración entre entidades deportivas e institucións na celebración deste tipo de eventos, e tamén tivo palabras de benvida para a nova directiva da entidade e de agradecimiento ao seu anterior presidente.

Pola súa banda Rogelio Tarrío -quen estivo acompañado polo vicepresidente da entidade, Manuel Tarrío- deu as grazas á Autoridade Portuaria por manter a súa aposta por un deporte minoritario, como é o remo, e ao Concello de Vilagarcía polo seu apoio logístico na organización da proba.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.