facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A rúa Valle-Inclán recupera o dobre carril e Rivero de Aguilar reábrese ao tráfico nos dous sentidos
Venres, 14 Marzo 2014 14:58
AddThis Social Bookmark Button

pintado rivero aguilarAo longo da xornada de hoxe, venres, está previsto proceder á reapertura ao tráfico dos dous carrís de Valle-Inclán máis próximos ao mar, que desde mediados da pasada semana permanecían pechados á circulación para a realización de traballos de pavimentación.

Unha vez rematada esta actuación -enmarcada no proxecto do ferrocarril a Ferrazo, fase 1-, a rúa recuperará o tráfico habitual desde hoxe mesmo, polo que estarán dispoñibles dous carrís en cada sentido entre a rotonda de O Cavadelo e o antigo depósito de auga do porto.

Tamén hoxe procederase a reabrir ao tráfico nos dous sentidos a rúa Rivero de Aguilar entre O Ramal e a rotonda de O Cavadelo, que desde hai algunhas semanas estaba aberta únicamente para os vehículos en dirección Vilaxoán debido aos traballos de tendido da vía do ferrocarril do porto na contorna da rotonda do peirao de Pasaxeiros e labores complementarias. . Deste xeito, todo o tráfico recupera a normalidade nos viais de titularidade portuaria e uso público.

Coas actuacións realizadas durante as últimas semanas e especialmente desde o pasado mércores, aproveitando a ausencia de precipitacións, queda practicamente finalizada a obra do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, a falta de pequenos remates nalgúns puntos do trazado.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.