facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Porto e Concello renovarán o seu convenio de colaboración para o mantemento de zonas verdes
Luns, 14 Abril 2014 09:41
AddThis Social Bookmark Button

entrada centenarioA presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, reuníronse o xoves, día 10 de abril, para abordar diversos temas de interese para as dúas institucións, centrados na relación porto-cidade e a mellor ordenación das áreas de convivencia entre ambas administracións.

Dado que a realización das obras do tren a Ferrazo supuxeron a apertura de novas zonas do dominio público portuario ao uso público, as dúas administracións establecerán conxuntamente fórmulas de colaboración para a posta en valor e mantemento apropiado destes espazos. Cabo recordar que porto e Concello manteñen un convenio que inclúe, entre outros aspectos, as tarefas de mantemento de zonas verdes de titularidade portuaria e abertas ao uso público por parte da administración local. Este convenio será ampliado e renovado en relación aos labores de mantemento, para incorporar os novos espazos de uso cidadán e fixar as tarefas a desenvolver por cada unha das dúas administracións para a súa mellor coordinación.

Con relación ao tráfico, o alcalde comunicou á presidenta o seu proxecto para reforzar a sinalización de prohibición de paso de tráfico pesado por varias vías de titularidade municipal unha vez concluídas as obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1. Para iso, a policía municipal está realizando unha análise dos puntos idóneos onde debería instalarse esta sinalización, a fin de conseguir unha redución do tráfico pesado (tanto portuario como non portuario) nas rúas do casco urbano. Ao mesmo tempo, as dúas administracións valorarán a conveniencia de mellorar a señalización de acceso ao porto nas entradas ao municipio, para potenciar o uso das circunvalaciones de Vilagarcía.

O alcalde e a presidenta tamén abordaron a solicitude de zonas de aparcamiento realizada pola asociación de Praceiros co obxectivo de dar servizo aos propios comerciantes da Praza de Abastos como aos seus clientes. Os dous dirixentes acordaron mediar con concesionarios do Porto e propietarios particulares de terreos próximo á Praza para tratar de aportar solucións a esta necesidade.

En canto ao depósito de áridos en O Ramal, a presidenta comunicou ao alcalde que a intención da Autoridade Portuaria é proceder á súa retirada no prazo dun mes, aproximadamente. O material vaise a reutilizar nos traballos de rexeneración do asento da banqueta do peirao na dársena 2, obras que están en fase de licitación e comezarán este mesmo mes, previsiblemente.


 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.