facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto recibe a homologación para a inspección de produtos sometidos a especiais medidas de control
Mércores, 23 Abril 2014 10:39
AddThis Social Bookmark Button

pif exteriorA Autoridade Portuaria de Vilagarcía acaba de recibir a comunicación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade pola que se habilita o Posto de Inspección Fronteriza (PIF) do porto como Punto Designado de Importación (PDI).

Para facerse con esta homologación, a Autoridade Portuaria realizou unha adecuación das instalacións do seu PIF, a fin de cumprir as condicións de autorización fixadas pola normativa comunitaria no seu Regulamento 1152/2009, que establece requisitos específicos para a importación de produtos alimenticios dalgúns terceiros países -principalmente, froitos secos e produtos derivados-.

A autorización como Punto Designado de Importación é aplicable ás instalacións do PIF destinadas ao control de produtos de orixe non animal. Vilagarcía é un dos tres únicos portos do norte peninsular (fachada cantábrica e Galicia) que dispoñen desta homologación.

Esta habilitación únese á consideración coa que xa contaba o porto de Vilagarcía como Punto de Entrada Designado (PED) para a importación de pensos e alimentos de orixe non animal suxeitos a controis oficiais máis intensos, conforme ao Regulamento 669/2009 da Unión Europea.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.