facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto inicia hoxe a tempada de cruceiros coa escala do "Minerva", cuns 300 pasaxeiros a bordo
Venres, 25 Abril 2014 13:11
AddThis Social Bookmark Button

minerva1A Autoridade Portuaria de Vilagarcía abre hoxe a tempada de cruceiros 2014 coa escala do "Minerva", un buque de bandeira de Bahamas, con 133 metros de eslora, cuxa escala neste porto está consignada por García Reboredo Hnos. SL.

Esta é a primeira das sete escalas de cruceiros que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía ten previstas neste ano, unha máis que en 2013. As seguintes visitas terán lugar nos meses de maio, agosto e setembro.

O "Minerva" realizou a súa entrada no porto de Vilagarcía ás 13.30 horas, procedente do porto de Lisboa. O barco permanecerá atracado no peirao Comercial Oeste ata as 22.00 h, hora á que está prevista a súa saída con destino a Portsmouth (Gran Bretaña). A bordo viaxan 297 pasaxeiros -na súa maioría de nacionalidade británica- e 173 tripulantes.

Como é habitual, a Autoridade Portuaria, en colaboración co Concello de Vilagarcía e as asociacións locais de comerciantes "Zona Aberta" e de hostaleiros "Ahituvi" desenvolverán diversas iniciativas co obxectivo de incentivar a permanencia dos cruceiristas no municipio, tales como a instalación a pé de peirao dun punto de atención ao visitante atendido por persoal da Autoridade Portuaria, o establecemento dunha parada de taxis provisional no mesmo peirao ou a habilitación dun servizo lanzadeira gratuito entre o porto e o centro da cidade, prestado por medio do tren turístico. Nesta ocasión, e dada a hora de saída do cruceiro, non terá lugar a actuación dun grupo de música e baile tradicional galego coa que a Autoridade Portuaria adoita despedir aos cruceiristas.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.