facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 17-Outubro-2018
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria saca a licitación a pavimentación integral do Porto
Martes, 06 Maio 2014 07:56
AddThis Social Bookmark Button

vista área do porto de VilagarcíaO Consello de Administración da Autoridade Portuaria acordou, na sesión celebrada o luns, día 5 de maio, a propuesta de licitación da obra “pavimentación do porto de Vilagarcía”, cun orzamento de un millón de euros.

O obxecto deste proxecto é deseñar a reordenación viaria da zona intraportuaria así como a reparación e renovación do firme existente. En total, establécense un total de 23 eixes de comunicación que, en función das súas condicións actuais, recibirán un tratamento diferenciado durante a ejecución do proxecto.

Así, nalgúns casos únicamente será necesario estender unha nova capa de rodadura sobre o firme existente, mentres que noutros se renovará completamente tanto o paquete de firme (firme e subbase) como a explanada, previa retirada do anterior material. En total, prevense ata seis diferentes tipos de actuacións. A intervención complétase coa sinalización horizontal e vertical, a fin de definir con claridade as zonas destinadas a circulación, estacionamiento e operacións. O prazo de execución é de catro meses.

Servicio Portuario de Amarre e Desamarre de Buques

Os membros do Consello de Administración do porto tamén deron o seu visto bo á revisión das tarifas do servizo de amarre e desamarre de buques.