facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto recibe hoxe a visita do cruceiro "Seabourn Legend"
Mércores, 21 Maio 2014 17:07
AddThis Social Bookmark Button

crucero seabournDurante a xornada de hoxe está realizando unha escala no porto o cruceiro “Seabourn Legend”, segundo da tempada. Trátase dun buque con bandeira de Bahamas e 135 metros de eslora, que fai escala en Vilagarcía no seu traxecto entre Leixoes e A Coruña.

O buque atracou ás oito da mañá no peirao Comercial Oeste, e a súa saída do porto está programada ás 18.00 horas. A escala está consignada por Rubine e Hijos. A bordo do "Seabourn Legend” viaxan 201 pasaxeiros, na súa meirande parte de nacionalidad eestadounidense, seguidos por australianos e británicos, e 174 tripulantes.

Para incentivar a visita a Vilagarcía dos pasaxeiros, puxéronse en marcha diversas iniciativas, tales como a instalación a pé de peirao dun punto de atención ao visitante atendido por persoal da Autoridade Portuaria, o establecemento dunha parada de taxis provisional no mesmo peirao ou a habilitación dun servizo lanzadeira gratuíto entre o porto e o centro da cidade, prestado por medio do tren turístico. Atendendo ao pronóstico do tempo, que anuncia precipitacións para esta tarde, suspendeuse a actuación dun grupo de música e baile tradicional galego coa que habitualmente se despide aos cruceiristas.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.