facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto recibe hoxe ao "Ocean Majesty", terceiro cruceiro de maio
Venres, 30 Maio 2014 11:27
AddThis Social Bookmark Button

ocean majestyHoxe, venres, desde as 10 da mañá, está facendo escala no porto de Vilagarcía o buque "Ocean Majesty", terceiro cruceiro do mes e cuarto da tempada. O buque arribou a Vilagarcía procedente de Lisboa, e á súa saída de porto poñerá rumbo ao porto francés de St. Malo.

O "Ocean Majesty" é un buque de bandeira portuguesa e 130 metros de eslora, que permanecerá atracado no peirao Comercial Oeste ata as cinco da tarde. A bordo viaxan un total de 288 pasaxeiros, na súa maioría de nacionalidade alemá, e 241 tripulantes. A súa escala en Vilagarcía está consignada por P&J Carrasco. Esta é a terceira ocasión en que o buque arriba ao porto arousano, tralas dúas escalas rexistradas o pasado ano.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.