facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O tráfico de mercancía xeral no porto increméntase un 9,4% no primeiro semestre do ano
Luns, 30 Xuño 2014 17:43
AddThis Social Bookmark Button

consejo junio 14A Autoridade Portuaria de Vilagarcía celebrou na tarde do 30 de xuño unha sesión ordinaria do seu consello de administración. No seu informe aos membros do Consello, a presidenta deu conta da evolución dos tráficos no primeiro semestre do ano.

O periodo xaneiro-xuño péchase provisionalmente cun incremento porcentual no movemento de mercancías do 4,16% con relación ao mismo periodo do ano anterior, ata alcanzar as 485.106 toneladas. As mellores cifras en comparación con 2013 corresponden aos graneis sólidos, categoría da que se moveron 134.157 toneladas (o que representa un incremento do 35,5% con relación ao mesmo periodo do pasado ano). Os graneis líquidos pecharon o primeiro semestre do ano con case 80.000 toneladas movidas, un 33% menos que o pasado ano.

En cifras absolutas, os maiores tráficos rexistráronse na categoría de mercancía xeral, con máis de 271.000 toneladas de mercancía e unha subida con relación ao primeiro semestre do ano anterior do 9,4%. A mercancía xeral continúa gañando peso no balance de tráficos portuarios e no periodo xaneiro-xuño volve supoñer máis da metade dos tráficos do porto de Vilagarcía, como xa sucedese ao remate de 2013. Excepto o aluminio, que prácticamente repite as cifras do primeiro semestre de 2013, todos os demais produtos incluídos nesta categoría (pesca conxelada, madeira, taboleiro, pasta de papel, mercancía contenerizada) están en números superiores aos do mesmo periodo do pasado ano.

Un dos maiores aumentos porcentuales corresponde á mercancía contenerizada, que experimenta unha subida do 10,3% no número de TEUS movidos con relación ao primeiro semestre de 2013, ata un total de 17.211.

Plan de Empresa 2014
Por outra banda, o Consello de Administración do porto deu a súa aprobación ás contas anuais do exercicio 2013, que a Autoridade Portuaria pechou, por segundo ano consecutivo, en positivo (+ 15.387,19 euros) malia un descenso dos ingresos portuarios, como consecuencia da redución dos tráficos rexistrada en 2013 con relación ao ano anterior. Tamén se aprobou o Plan de Empresa 2014, no que se inclúe, como principal investimento para este exercicio, a pavimentación integral do recinto portuario, cun orzamento dun millón de euros, e a cuxa ejecución optan un total de 17 empresas.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.