facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 10-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria adxudica a Nemesio Ordóñez SA a obra de pavimentación interior do recinto portuario
Xoves, 31 Xullo 2014 17:36
AddThis Social Bookmark Button

consejo julio web2O Consello de Administración da Autoridade Portuaria acordou na sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo celebrada na tarde de hoxe adxudicar á firma Nemesio Ordóñez, S.A. a obra de pavimentación interior do porto de Vilagarcía.

O orzamento de adxudicación é de 991.027,31 euros e o prazo de execución, catro meses

A firma, con sé en Boiro, presentou a mellor oferta global das 17 propostas recibidas no procedemento de licitación aberto pola Autoridade Portuaria, as cales foron valoradas tanto técnica como económicamente pola mesa de contratación.

A obra de pavimentación interior do recinto portuario ten como finalidade acometer a reordenación viaria da zona intraportuaria e a reparación e renovación do firme existente. O proxecto establece un total de 23 eixes de comunicación, que recibirán un tratamento diferenciado durante a ejecución do proxecto, en función das súas condicións actuais. Así, nalgúns casos unicamente será necesario estender unha nova capa de rodadura sobre o firme existente, mentres que noutros se renovará completamente tanto o paquete de firme (firme e subbase) como a explanada, previa retirada do anterior material. En total, prevense ata seis diferentes tipos de actuacións.

A obra proxectada complétase coa sinalización horizontal e vertical, ao obxecto de definir con claridade as zonas destinadas a circulación, estacionamiento e operacións.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.