facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 21-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto moveu en 2013 mercancías por valor de case 810 millóns de euros, un 13% máis que o ano anterior
Xoves, 04 Setembro 2014 17:26
AddThis Social Bookmark Button

buque comercialoA Autoridade Portuaria de Vilagarcía moveu durante o pasado ano mercancías por un valor total de case 810 millóns de euros. Esta cifra é un 13% superior á de 2012, ano no que o valor industrial das mercancías portuarias ascendeu a case 717 millóns de euros.

O dato foi dado a coñecer na sesión ordinaria do Consello de Administración do Porto celebrada o 4 de setembro. O aumento do valor das mercancías portuarias en 2013 é aínda máis reseñable si temos en conta que no tráfico de mercancías, o porto pechou o ano 2013 cun lixeiro descenso con relación ao ano anterior (-3,4%). Con todo, pese a esta diminución dos tráficos, o valor global das mercancías movidas a través do porto arousano incrementouse nun 13%, ata alcanzar os 809.729.917 euros. Desde o ano 2009, primeiro en que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía realizou un estudo deste tipo, o valor das mercancías movidas no porto practicamente se duplicou, pasando de 420 millóns de euros en 2009 a 810 millóns de euros en 2013 ( 92,6%).

A Mercancía Xeral alcanzou o pasado ano un valor industrial de 517.756.526 €, o que supón un 64% do total. O valor industrial dos Graneis Líquidos foi de 101.427.806 €, o que constitúe un 13%. Os Graneis Sólidos tiveron un valor industrial de 42.084.683 €, cifra que equivale a un 5% do total. A cantidade restante -un 18% do total, 148.460.902 - é atribuíble o tráfico terrestre.

Dentro da mercancía xeral -que é o apartado con maior peso tanto por número de toneladas movidas como por valor da mercancía- destaca en primeiro lugar a mercancía contenerizada, que suma un valor global de 245 millóns de euros. Entre outros produtos, contabilízase o valor de leite e derivados lácteos, preparados alimenticios, conservas de peixe e marisco, madeira e mobles, aluminio, hortalizas, ferro e fundición, aceites, materiais de construción, panadería, aparellos eléctricos e vehículos. Neste mesmo apartado da mercancía xeral destaca o valor o aluminio en bruto de importación, cun valor industrial de 171,5 millóns de euros; a madeira técnica (taboleiro) en exportación, cuxo valor ascendeu a 48,7 millóns de euros, a pesca conxelada en tráfico marítimo, cuxo valor ascendeu a 44 millóns de euros, a pasta de papel (6,1 millóns de euros) e madeira aserrada (2,1 millóns de euros).

No apartado de graneis líquidos, o metanol supuxo un valor industrial de 57,8 millóns de euros, o fuel de 41,9 e a parafina, de 1,6 millóns de euros. En canto aos graneis sólidos, a primeira posición en canto ao valor industrial correspondeu á urea, cun valor industrial de 20,8 millóns de euros, seguida do cereal, con 16,3 millóns de euros, o cemento (3,4 millóns de euros) e os fosfatos (1,4 millóns de euros).

O valor industrial dos graneis e a mercancía xeral en tráfico marítimo alcanzou a cifra de 661 millóns de euros, é dicir, o 82% do total do valor da mercancía movida en 2013 a través do porto de Vilagarcía, mentres que en toneladas, supuxo o 92% do tráfico portuario.

O 18% restante do valor total das mercancías movidas no porto -148 millóns de euros- correspondeu a produtos en tránsito terrestre (os cales, en toneladas, representaron en 2013 o 8% do total). Neste apartado, hai que destacar principalmente o valor da pesca conxelada, cun 97% do valor total das mercancías en tránsito terrestre (144 millóns de euros). Estes produtos son utilizados nas liñas de envasado e preparado de moluscos, peixes e mariscos de diversas empresas situadas na zona de servizo do Porto.

Mercancías embarcadas e desembarcadas
No que se refire exclusivamente ao valor das mercancías de tráfico marítimo, o valor das mercancías desembarcadas alcanzou a cifra de 342.072.357 €, o que supón un 52% do valor das mercancías en tráfico marítimo, mentres que en toneladas representa un 60% dos tráficos portuarios. No caso das mercancías embarcadas, suman o 48% do valor dos produtos movidos no porto, mentres que en toneladas o seu peso específico é menor, do 40% do total de tráficos marítimos.

Si temos só en conta o valor industrial do grupo da mercancía xeral (as de maior valor económico), as mercancías embarcadas ("exportacións", saídas de mercancías elaboradas por empresas do noso hinterland), supoñen 299.196.117 € (o 58% do valor total do grupo de mercancía xeral), mentres que o valor industrial da mercancía xeral desembarcada ("importacións", no caso de mercancías con orixe en países distintos a España), supón 218.560.409 € (o 42% do valor total do grupo de mercancía xeral).

Primeira sesión para un novo conselleiro
A sesión do catro de setembro foi a primeira á que asistiu o conselleiro José Manuel Diz Moraña, recientemente nomeado pola Consellería de Medio Rural e do Mar como vocal no Consello, en representación das organizacións sindicais, e a proposta de de a Federación de Servizos para a Mobilidade e o Consumo de UGT- Galicia. Tamén se aprobou a renovación, como membro do Consello de Navegación e Porto, de Francisco Alonso Fernández, en representación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.