facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Comezan as obras de pavimentación interior do recinto portuario
Venres, 05 Setembro 2014 15:35
AddThis Social Bookmark Button

pavimentacin1O día 5 de setembro deron comezo as obras de pavimentación interior do recinto portuario, un dos principais investimentos que acometerá a Autoridade Portuaria de Vilagarcía ao longo deste ano. Os traballos teñen un orzamento de 991.027,31 euros e un prazo de execución de catro meses.

A obra de pavimentación interior do recinto portuario ten unha dobre finalidade: por unha banda, acometer a reparación e renovación do firme existente, e por outra, optimizar a ordenación do tráfico na zona intraportuaria. Para iso, establécense 23 eixes de comunicación viaria, os cales recibirán un tratamento diferenciado durante a execución do proxecto, atendendo ao seu estado actual. As obras están sendo acometidas pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A.

En función das características de cada eixe, determínase cal das seis soluciones previstas aplicarase. Estas solucións van desde a sustitución completa -retirada do material anterior e instalación de novo paquete de firme e explanada- naquelas zonas onde o pavimento se atopa máis deteriorado, ata a renovación unicamente da capa superficial, cando só se precisa unha mellora do firme existente estendendo unha nova capa de rodadura.

Para completar esta actuación procederase á instalación de nova sinalización horizontal e vertical, de maneira que queden máis claramente definidas as zonas destinadas a circulación de vehículos, a estacionamiento e a operacións portuarias.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.