facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 23-Xullo-2018
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria saca a licitación a segunda fase das obras do tren a Ferrazo
Martes, 16 Decembro 2014 10:47
AddThis Social Bookmark Button

consejo diciembreO Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobou, na súa última sesión do ano, sacar a licitación a obra do Ferrocarril a Ferrazo, fase 2 (conexión coa terminal de contedores) cun orzamento de 1.473.036,41 euros e un prazo de execución de oito meses.

Con estas obras, a Autoridade Portuaria completa o proxecto de modernización e ampliación da súa conexión ferroviaria, estendendo a súa rede ata o peirao de Ferrazo, no que actualmente se concentran máis da metade dos tráficos do porto arousán. A previsión da Autoridade Portuaria é que os traballos de prolongación da rede ferroviaria entre Comboa e Ferrazo comecen a executarse en 2015 e conclúan en 2016.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, tamén deu conta aos membros do Consello na mesma sesión -celebrada o 15 de decembro- da evolución dos tráficos portuarios ata o mes de novembro. A falta dun mes para pechar o exercicio, o incremento dos tráficos é do 3,7% con relación ao mesmo periodo do pasado ano, rozando a cifra de 920.000 toneladas. A maior subida porcentual corresponde aos graneis sólidos, cun aumento do 80% en 2014 con respecto ao pasado ano. Isto é debido, fundamentalmente, ao destacado incremento no movemento de cereais, apoiado polas boas cifras do cemento e a urea. O total de tráficos nesta categoría ascende a máis de 300.000 toneladas.

Este gran aumento dos graneis sólidos permitiu compensar o descenso dos graneis líquidos, que se sitúan por baixo dos seus resultados de 2013. En canto á mercancía xeral, destaca a positiva evolución da práctica totalidade dos produtos incluídos nesta categoría; madeira (+22%), pasta de papel (+13%) e taboleiro (+13%). Tamén hai que resaltar a evolución da mercancía contenerizada, cun incremento do 3,9% no número de TEUS movidos, superando xa a cifra de 31.000 TEUS nos once primeiros meses do ano. Coas cifras ao remate de novembro, o porto sitúase moi preto do medio millón de toneladas (concretamente, 498.383 t) de mercancía xeral e supera xa a súa mellor marca histórica de movemento nesta categoría, que é a que aporta maior valor engadido.

A presidenta tamén informou aos membros do Consello sobre os resultados económicos da entidade a data 31 de outubro, no que destaca un aumento do 1,13% no importe neto da cifra de negocio, que alcanza os 4,2 millóns de euros. Hai que resaltar o incremento dos ingresos -tanto os procedentes de taxas portuarias ( 7%) como outros ingresos de explotación-, así como a redución global dos gastos (-13,7% en gastos de explotación). Con estes números, a falta de dous meses para terminar o ano o resultado do exercicio arroxa, provisionalmente, un beneficio de máis de 563.000 euros -pendente de provisións, amortizacións e outros axustes- co que a previsión da Autoridade Portuaria apunta a unha conclusión do exercicio con beneficios.