facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria celebrou unha xornada sobre sustantabilidade na que presentou o proxecto "Pegada de Carbono"
Venres, 19 Decembro 2014 14:07
AddThis Social Bookmark Button

aereaA Autoridade Portuaria de Vilagarcía celebrou na tarde de onte unha xornada sobre sustenabilidade ambiental destinada á comunidade portuaria que serviu de marco para a presentación do proxecto "Pegada de Carbono".

Esta pegada mide a totalidade dos gases de efecto invernadoiro da actividade dunha persoa, grupo, organización... e, en consecuencia, o seu impacto ambiental. A reunión contou coa asistencia de representantes das empresas prestadoras de servizos portuarios, así como de concesionarios, principalmente aqueles con maior peso específico no balance de tráficos e facturación do porto.

O proxecto "Pegada de Carbono" iniciarase co cálculo deste indicador en relación coas actividades da propia Autoridade Portuaria, pero o obxectivo desta institución é dar un paso máis e poder cuantificar a "pegada de carbono" de todo o porto, coas empresas nel instaladas e as actividades tanto portuarias como industriais e comerciais que se desenvolven no recinto. A actividade serviu de primeira toma de contacto para a presentación desta iniciativa, que foi moi favorablemente acolleita.

No marco desta reunión, constituíuse a Mesa de Sustantabilidade do Porto de Vilagarcía na que están presentes, ademais da propia Autoridade Portuaria, as empresas prestadoras de servizos portarios así como as principais compañías por volume de actividade no porto que son, consecuentemente, as que máis poden aportar no esforzo común de toda a comunidade portuaria polo desenvolvemento sustentable das actividades portuarias.

Na mesma sesión déronse a coñecer os obxectivos e indicadores de sustentabilidade do porto de Vilagarcía para o ano 2014. Igualmente, Manuel Casais interveu en representación de Lloyds R.Q.A. para realizar unha presentación sobre "Tendencias actuais en Portos: Servizos e boas prácticas ambientais. Bonificacións".

Deste xeito, dáse cumprimento a un dos principios básicos na xestión da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) por parte da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, que é a posta en común tanto dos seus obxectivos como dos seus resultados nesta materia coa comunidade portuaria
.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.