facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto de Vilagarcía incorpórase á rede Cylog para impulsar a actividade loxística e intermodal
Luns, 30 Marzo 2015 11:23
AddThis Social Bookmark Button

firma cylog aO porto de Vilagarcía e a comunidade autónoma de Castela e León están dende o venres 27 de marzo máis preto grazas á sinatura dun acordo de colaboración para a promoción e desenvolvemento da actividade loxística, empresarial e intermodal.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, e o conselleiro de Fomento e Medio Ambiente de Castela e León, Antonio Silván, foron os asinantes do acordo, que supón a incorporación do porto de Vilagarcía á rede Cylog de transporte e loxística de Castela e León.

A asociación á rede Cylog supón fortalecer e articular un vínculo xa existente, fomentando un conxunto de relacións técnico-comerciais e mercantís, e fixando un marco de colaboración mutua na promoción de todo tipo de actuacións que poidan supoñer afianzamento, desenvolvemento e promoción de actividades empresariais vinculadas ao sector do transporte e a loxística. As dúas partes traballarán nunha estratexia compartida para obter sinerxias, logrando así un maior impacto e eficiencia nas accións que desenvolvan.

Entre os obxectivos do convenio asinado entre a Autoridade Portuaria de Vilagarcía e a Consellería de Fomento de Castilla e León figuran os seguintes:
· Impulso de alianzas estratéxicas entre operadores da cadea de transporte intermodal.
· Aumento da competitividade do porto de Vilagarcía de Arousa.
· Xeración de emprego en actividades de servizo asociadas ao transporte.

O acordo supón un compromiso de colaboración das dúas partes para promover solucións loxísticas multimodais viables, destinadas a manter o crecemento sostenible nas dúas rexións. Ambas partes apostan pola potenciación da intermodalidade estrada-ferrocarril-barco, participando en iniciativas comúns para visibilizar ante a Unión Europea estas zonas do Corredor Atlántico.

A Autoridade Portuaria participará no Foro Cylog e fornecerá apoio técnico e comercial, a través de acordos específicos, aos enclaves integrados na rede que puidesen colaborar coa súa actividade portuaria. Créase ademais unha comisión de seguimiento dos acordos marco, composta de forma paritaria e autorizando a constitución de grupos de traballo para os asuntos específicos. Os convenios marco asinados desenvolveranse mediante convenios específicos de colaboración aos que poderán adherirse municipios e outras institucións.

Hinterland portuario
Coa adhesión á rede Cylog, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía reforza a súa presenza en Castela e León, comunidade autónoma incluída no hinterland do porto arousano. A súa situación, no centro da fachada occidental galega, e as súas excelentes comunicacións, tanto ferroviarias como por estrada, fan do porto de Vilagarcía unha saída natural atlántica das mercancías procedentes e/ou destinadas aos enclaves loxísticos de Castela e León. O porto dispón de equipamento e instalacións para a manipulación e almacenamento de todo tipo de mercancías (graneis sólidos, líquidos e mercancía xeral, incluída a contenerizada). Ademais, a dispoñibilidade dunha liña regular de contedores cos portos de Bilbao, Lisboa e Illas Canarias ampla notablemente o rango de posibles destinos accesibles desde o porto de Vilagarcía.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, destacou na súa intervención trala firma do convenio que a adhesión arousana á rede de portos Cylog responde a dous dos obxectivos fixados no Plan Estratéxico 2013-2017 da Autoridade Portuaria: incrementar a actividade portuaria, fomentando novos tráficos e conexións; e converter ao Porto de Vilagarcía nunha plataforma loxística clave do noroeste peninsular.

"Por conectividade, por versatilidade e por eficiencia, correspóndenos un papel importante na loxística de todo o noroeste peninsular", engadiu a presidenta do porto arousano, quen pechou a súa intervención cunha invitación dirixida ao empresariado e ao sector loxístico de Castela e León para que visiten e coñezan o porto de Vilagarcía.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.