facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 26-Xaneiro-2021
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria asiste ao SIL, a feira loxística más importante no sur de Europa
Xoves, 11 Xuño 2015 08:29
AddThis Social Bookmark Button

pto vilagarciaA Autoridade Portuaria de Vilagarcía está presente na XVII edición do Salón Internacional da Loxística e a Manutención (SIL), que se celebra en Barcelona entre o 9 e o 11 de xuño. O SIL é a feira máis importante no ámbito nacional relacionada co transporte e a loxística.

A Autoridade Portuaria está representada pola súa presidenta, Sagrario Franco, e o responsable do departamento Comercial e de Marketing, Alfonso González Gallego. Vilagarcía é unha das 14 Autoridades Portuarias españolas que acoden ao SIL conxuntamente con Puertos del Estado e o Grupo Fomento. O total de Autoridades Portuarias españolas presentes nesta feira ascende a 25. A feira está considerada como un dos principais eventos sobre loxística no ámbito europeo.

O SIL é un excelente escaparate para que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía poida ofertar as súas infraestruturas e servizos ao cliente, con vistas á captación de novos tráficos e/ou novos concesionarios interesados en operar a través das instalacións arousanas. A mellora da conexión intermodal marítimo-ferroviaria do porto, xunto coas magníficas comunicacións terrestres e o seu posicionamento no centro da fachada atlántica galega son tres das características que fan do porto de Vilagarcía un emprazamento privilexiado para o transporte marítimo internacional; a dispoñiblidade de terreos a pé de peirao, a versatilidade e a flexibilidade na atención ás necesidades de clientes e usuarios contribúen a reforzar a oferta do porto arousano e nelas tamén incidirá a promoción do porto de Vilagarcía no SIL.

Puertos del Estado impulsará neste escaparate do transporte e a logística a promoción de España como conexión ideal para atraer non só as mercancías de import/export entre España e os principais centros neurálxicos da economía europea, senón tamén como base para os tránsitos marítimos; a presenza de Puertos del Estado no SIL busca ademais propiciar que as futuras cadeas loxísticas que partan da península Ibérica consigan captar aquelas mercancías en tránsito con orixe/destino aos principais centros de produción e consumo de Europa.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.