facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 14-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Os regatistas Antón e Carlos Paz, que optan a tomar parte nos Xogos de Río, visitan a Autoridade Portuaria
Xoves, 23 Xullo 2015 09:50
AddThis Social Bookmark Button

visita pazsailingteamOs regatistas Antón e Carlos Paz, integrantes do equipo Paz Sailing Team que aspira a representar a España nos próximos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, na clase 49er, visitaron o día 22 de xullo a Autoridade Portuaria.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, agradeceu aos dous mozos arousáns que fixesen “un oco no voso calendario para facernos esta visita, só uns días antes de desprazarvos a Río de Janeiro” onde continuarán coa súa preparación e posta a punto, todo iso con vistas a ser finalmente a tripulación elixida para competir por España na clase 49er nos Xogos Olímpicos do próximo ano.

A presidenta destacou o gran papel que fan Antón e Carlos representando a Vilagarcía, o porto e a Ría de Arousa en todas as competicións nas que participan, “non só polos vosos éxitos deportivos, senón sobre todo porque sodes un exemplo de dedicación, de superación e de esforzo” e desexou que, no prazo duns meses, “podamos vernos aquí novamente para celebrar novos triunfos e, oxalá, a consecución da vosa clasificación como tripulación para os Xogos Olímpicos de 2016”.

Antón Paz agradeceu á presidenta da Autoridade Portuaria o apoio e colaboración económica que esta entidade presta ao proxecto Paz Sailing Team no seu esforzo para conseguir ser os regatistas que representen a España na clase 49er nos próximos Xogos Olímpicos. Pola súa banda Carlos Paz explicou os compromisos que afrontará nos vindeiros meses o equipo, entre os que destacan os Mundiais de Arxentina, en novembro, e Miami, en febreiro, que serán definitivos para coñecer cal das tripulaciones españolas é finalmente seleccionada para participar na próxima cita olímpica na clase 49er.

Á súa despedida, os irmáns Paz fixeron entrega á presidenta dun póster do equipo en agradecimiento ao apoio recibido.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.